Ben. Conseguín actualizar. Xa subimos o trailer á web (www.rosadosventos.es ) e leva como unhas 400 visitas, todo un récord, se ve que as mensaxes enviadas por e-mail e as tarxetiñas diseñadas por JMPicón derón os seus froitos.
Xa podemos falar de datas de estrea, por fin, así que alí espero que esteades todos pois é libre e de balde:
VENRES 11 ás 22.30 h. no auditorio de MALPICA SÁBADP 12 ás 20 h. na FUNDACIÓN CAIXA GALICIA da CORUÑA (nos cantóns)
Ademáis o xoves 10 será a presentación para a prensa da curta, na FUNDACIÓN CAIXA GALICIA de A Coruña (contaco para asistir a rolda de prensa: jairoiglesias@produccionesretrato.com ou andresrozados@produccionesretrato.com)
Xa non falta nada para que se poda ver ROSA DOS VENTOS. Fai máis de un ano que comezou a pre produción e agora estamos xa na recta final.
Onte J.M Picón máis eu estivemos ata las 2 da mañá deixando todo listo.
Estreamos unha sala de prensa que serve para aloxar fotos en alta resolución e así os medios as poden coller dalí para publicar. Non é pública, pero máis adiante ensinaremos o gran traballo do que se encargou o sr. Picón.
[despois de 2 semanas intentando actualizar]
A promoción de ROSA DOS VENTOS comeza oficialmente este próximo luns co lanzamento da web oficial que estará en www.rosadosventos.es. O diario de rodaxe se seguirá actualizando pouco a pouco (e si bitacoras me deixa...) e se poderá aceder a través da web principal.
Semana a semana iremos lanzando novas sorpresas ata a estrea de Rosa dos ventos, que será a mediados de maio en Malpica, Coruña e Santiago.
Levamos moito tempo de posprodución pero creo que valiu a pena. Finalmente a montaxe de 20 minutos quedou descartada, e este martes faremos a sonorización final en PousadaSon da versión final: 13 minutos.
Como na primeira curta, RETRATO, se vai facer un photocall de 1,5x3 metros e varias sorpresas máis que irei amosando a medida que pasen as semanas.
Polo momento nada máis. A conta atrás xa comezou...
Sei que non fago máis que queixarme, pero é que é certo. É imposible actualizar.
Levamos dúas semanas coa montaxe final parada pois a nominación de CICATRICES ós Premios Mestre Mateo do Audiovisual (o Goya galego) nos colleu por sorpresa e estamos facendo promoción e rematando o dvd final. Se pode ver en www.produccionesretrato.com
En breves se fará a última mezcla de son en PousadaSon e probablemente se estreará a mediados de abril. Fixemos retoques na montaxe, eliminamos algunhas escenas que por ritmo non aportaban moito, pero todas elas estarán presentes no material adicional do dvd.
A posprodución de ROSA DOS VENTOS está sendo moi larga, pero tamén é na primeira curta na que estamos pensando tanto a montaxe. Lle estamos dando moitas voltas, e incluso facendo algún pase con xente para ver como responde.
Estamos moi contentos por como está quedando. Xa falta pouco...
Seguimos traballando para que pronto comece a promoción e máis tarde a estrea en Malpica de ROSA DOS VENTOS.
Actualizo pouco a pouco pero e que me é imposible actualizar doutra forma. Deixovos unhas probas de presentación da curta que irán no dvd, sacadas das entrevistas do 'cómo se fixo...' rodado días atrás...
Cada día que pasa é máis difícil actualizar aquí. Creo que foi un dos erros desta curta, facer un blog en bitacoras.com... pero e que é certo.
Teño varias actualizacións pendentes, pois os reis magos nos trouxeron un cartel, unhas caratulas para o dvd, a reportaxe que nos fixera a galega, e varias sorpresas máis.
De momento probei sorte desde outro ordenador e me deixa actualizar, así que poño unha foto do primeiro día de rodaxe dos extras que incluirán o dvd. Entrevistas con todo o equipo sobre a curta, dirixidas por Ángel Rodríguez e coa producción de Álberto Fernández e María Galdón. O cámara é Sergio, e eu son o sonidista (hai que probar de todo...).
A primeira foi en Vigo, con María Castro.
Levo unha semana exactamente intentando actualizar o diario...e bitacoras.com se me quedaba colgado. (indirecta. E agora a directa, non fagades un aquí).
Pequeno vídeo da reunión en POUSADASON sobre a sonorización e a música. Por ahí temos a Yago (técnico de son) e Nico (compositor).
Facía tempo que non actualizaba pero a verdade foi porque estabamos traballando moito...
Tamar (montador da curta) máis eu gañamos o premio 'avid non te curtes' no festival curtocircuito...e nos deron unha licencia avid co programa, polo que xa podemos dicir oficialmente que Rosa se montará en AVID (gracias Mariajo e Bea).
Por outra banda temos algunhas das imaxes da rodaxe, feitas por Ruth Casado:
Seguimos coa 'pospo' e hoxe tocou reunión en casa de Tamar para falar dun montaxe provisional e cuadrar os tempos da musica con Nico. A verdade foi unha tarde bastante fructífera. Vimos algunhas das imaxes que tiña montadas Tamar, e a verdade é que solucionou varios dos problemas que apareceran en rodaxe. Estamos montando os dous, el monta algunhas secuencias e eu edito outras. É unha suerte poder contar con el pois ten unha forma de traballar diferente á miña e non ten as imaxes frescas da rodaxe, polo que é outro aspecto importante.
Hoxe estiven reflexionando sobre as persoas que están levando nos brazos a Rosa dos Ventos. Xa falara do equipo pero agora na pospo estouno volvendo a ver, Tamar, Nico, Yago... se están deixando a pel para que todo saia ben, e aquí non cobra ninguén. É unha cuestión de ilusión e de creer no proxecto. Da gusto traballar con xente así, e día a día podo dicir que me sinto máis orgulloso deles se cabe.
Nalgúns momentos da rodaxe en Malpica utilicei un método que non utilizara nas nosas anteriores curtas, música.
Sobretodo para determinados planos e secuencias, parte do equipo técnico e sobretodo Belén tiveron que padecer este método. Pero penso que funcionou, e moi ben, porque para determinado ritmo Alberto, o cámara, o pillou á primeira; e Belén así entendía perfectamente o que precisaba aquela secuencia.
Últimamente, tanto en Cicatrices como en Rosa, na pre-montaxe utilizo música de James Newton Howard, é o compositor ideal. A Nico esto non lle gusta nada, pero teño que dicir no seu favor que cando escoito a súa música me olvido completamente da pre-montaxe, e ó final me gusta máis a súa que a anterior...
Para a entrevista de Localia tiven que levarlle un pequeno vídeo con algunas imaxes do 'cómo se fixo...' e da curta polo que o poño aquí antes que de que saia na tele.
Son as primeiras imaxes da curta que se poden ver, sei que repito canción e algunhas imaxes...pero era imposible non facelo...jeje
Rosa dos Ventos comeza a andar. Despois dunhas semanas de descanso do personal aínda que sempre coa historia na cabeza e facendo probas, agora estamos xa metidos no duro e difícil proceso de posproducción.
Mentres o director de fotografía, Andrés Victorero, retoca a imaxe dixitalmente Tamar e máis eu estamos facendo unha primeira montaxe para ver qué cousas funcionan e qué cousas non e coller un pouco o ritmo da historia. Por outra banda Nico está compoñendo xa un tema principal e a partir de ahí cambialo para asústalo á historia. A gran novidade é que estivo na rodaxe da curta en Malpica, convivindo con todo o equipo e lle será máis fácil entrar na historia.
Mañán estarei en Localia Santiago para falar sobre as subvencións da Xunta, e alí se poderán ver as primeiras imaxes do corto (sen montar. En bruto). Compartirei mesa co xefe e promotor de todo esto, Manolo González, un placer. Sen el Rosa non existiría.
Por outra banda está confirmado. CICATRICES, a nosa ¿anterior? curta se estrea este sábado día 30 ás 22 horas no colexio La Salle de Santiago de Compostela. Estades todos convidados.
Esta primeira semana foi un pouco para poñer cada cousa no seu sitio, revisar o metraxe e pensar en como montar esto ou aquelo. Facer probas de montaxe non definitivas.
Tamar axudarame no proceso de montaxe. Creo que me vai vir ben ter outra perspectica, dende fora, como público e entre os dous poderemos limar mellor os erros e acertos.
Como primicia vos deixo un vídeo extraído das cintas do 'cómo se fixo...' dalgunhas gravacións na praia ás 6, 7 da mañá.