Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Diario de Rodaxe - Rosa dos Ventos

Diario de rodaxe da nova curta de Jairo Iglesias, 'Rosa dos Ventos'

Diario de Rodaxe - Luns día 4


O primeiro día de rodaxe sempre é complicado. Despois dalgún tempo chega a acción outra vez para o equipo.

Comezamos ás 6 da mañán en tres rúas de Malpica. Ó conectar o xerador saliu algunha xente ás fiestras: 'hai algún problema eléctrico?'. A verdade é que se portaron moi ben, xa que o ruído que facía o aparato ás 6 da mañán...

Despois visitamos a casa de Mucha para quedar alí todo o día e rodar as escenas interiores con Belén. Mucha moi ben con nós, xa que lle puxemos a casa patas arriba, cambiamos muebles...etc, ó final incluso lle gustou máis a decoración que fixemos nós que a que tiña ela. Comezamos na habitación de matrimonio onde grabamos 5 planos sen maiores dificultades. Son deuse conta de que ía ser imposible gravar alí entre as obras e o ruído eléctrico polo que estiveron gravando 'wild tracks' (son de ambiente) polo pobo.

Comimos na casa, riquísimo (produción funcionou moi moi ben). E volvímos para a de Mucha a rodar no salón e un plano na cociña. Pola tarde a cousa foi ben e tranquila sen maiores complicacións que andar movendo a cámra polo salón adiante e polo tanto tendo que apartar cousas.

Cumpliuse o plan de rodaxe e o equipo quedou contento. Problemas na parte de son. Foi unha rodaxe complicada para eles polo que dende aquí pedirlles perdón de novo, xa que as condicións non eran as idóneas.

Un día moi rentable. Rematamos no porto ás 11 da noite 'intentando' pescar calamares...pero nada...

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Nom sei se este é o lugar ajeitado para fazelo, pero o script quere dar as GRAÇAS a tuda a equipa por fazer dumha semana de trabalho umhas da milhores vacaçons da minha vida, sodes tudos incriveis, tanto profisional coma pessoalmente.
    O durmir pouco e o trabalho arreo mereceu a pena 100%.
    Moitas graças tudos!!! agardo que nos vejamos pronto.
    Por certo, se inda nom sabedes de quem era o generador podo ir buscalo ;)

    Comentario de Serginho hace 3 años y 39 meses

  2. Eu tamén, eu tamén. Bueno, xa deixei de rallarme (gracias a todos por aguantarme). Aprendín moitas cousas e estou moi contenta con todos. Xa lle pedirei ó jefe direccións d todos. Por certo, algo morreu con nós neste corto.... o generador. Así que, sergio, non sei se valdrá a pena

    Comentario de diana hace 3 años y 39 meses


Recordar datos


Diario de Rodaxe - Rosa dos Ventos © Todos los derechos reservados al autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora se mantiene con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009