Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Diario de Rodaxe - Rosa dos Ventos

Diario de rodaxe da nova curta de Jairo Iglesias, 'Rosa dos Ventos'

Luns día 11 de setembro



Hoxe non houbo rodaxe, pero foi a despedida. Levantamonos sobre as 11 para recoller todo un pouco, facer as maletas e deixar Malpica.

Ó cerrar a porta mirei dentro por última vez. Foi unha semana incrible para todo o equipo e de convivencia.

Xa abaixo tocaban as primeiras despedidas. Rafa Estévez, segundo de cámara sempre coas ideas claras e ó seu tempo. Un luxo poder traballar ó seu lado. Notábase nostálxico xa. Natitalia, a nosa querida axte. de son. Sempre coa sonrisa na boca, con boas palabras e cun abrazo para ofrecerche en calqueira momento. Sentíamos que esto remataba. [fago un inciso. O día anterior marchou tamén Diana, xefa de produción...que fixo un traballo impresionante. Este ano a terei pola escola en produción tamén. Xa lle dixen que lle iba a dar caña :) GRACIAS de verdade...un traballo estupendo].



Antes de marchar a Coruña onde colleríamos un tren, Marcos, Nico e máis eu dicidmos tomar a última no PESCADOR, coa súa tapa de albóndigas. Entón sí dixemos adeus a Malpica. E hai que darlle as gracias a todo o pobo proque nos trataron xenial.

Chegamos a Coruña e aínda comimos alí os que quedabamos: Sergio, Mery, Yago, Nico, Marcos e eu. Despois despedida a Marcos, qué gran director de produción!!! Non teño palabras para a súa labor. Un 11 sobre 10, e non digo máis.

Despois a que creo que foi unha das mellores despedidas. Sergio. O pobre iba case coas lágrimas nos ollos. Axudounos a cargar todo o material no tren e lle brindamos un gran aplauso merecidísimo (e máis...) mentres saía da estación. Qué grande!!

Só quedabamos 4. Unha viaxe de tren aburrida polo cansancio e pola tristeza de pensar que xa todo rematara. Ó chegar despedida de novo. Yago amigo antes que sonidista. Gran compañeiro de viaxe e ó que quero unha animalada. Mery, compi de camiño dende fai pouco pero duradeira seguro. Amiga ante todo tamén. Tamén sempre cunha sonrisa, preocupada por todo e por todos. (gracias por esa leite con mel que me sacou a tos. Aínda que me fixera vomitar...jeje). Nico, que dicirlle a este gran músico e amigo. Van 3, pero serán moitos máis, estou seguro diso. Encantados de que quixeras acompañarnos nesta viaxe, pero aínda queda moito traballo.



E cheguei a casa despois dunha semana. Sensacións ''raras''. Esa noite xa non charlaríamos no salón, nin iríamos ó LEÑO, nin rodaríamos ás 6 da mañá.

Só teño unha palabra para todo o equipo, artístico e técnico. E nunca me cansarei de repetila.

GRACIAS GRACIAS e GRACIAS. MOITÍSIMAS GRACIAS.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Un fuerte abrazo y muchisima suerte. Pinta requetebien.
    Saludos.

    Comentario de IVAN hace 3 años y 39 meses


Recordar datos


Diario de Rodaxe - Rosa dos Ventos © Todos los derechos reservados al autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora se mantiene con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009