Promoción de Rosa dos Ventos
Jairo Iglesias - 14-04-2007 19:06:13 | Categoria: General
[despois de 2 semanas intentando actualizar]A promoción de ROSA DOS VENTOS comeza oficialmente este próximo luns co lanzamento da web oficial que estará en www.rosadosventos.es. O diario de rodaxe se seguirá actualizando pouco a pouco (e si bitacoras me deixa...) e se poderá aceder a través da web principal.
Semana a semana iremos lanzando novas sorpresas ata a estrea de Rosa dos ventos, que será a mediados de maio en Malpica, Coruña e Santiago.
Levamos moito tempo de posprodución pero creo que valiu a pena. Finalmente a montaxe de 20 minutos quedou descartada, e este martes faremos a sonorización final en PousadaSon da versión final: 13 minutos.
Como na primeira curta, RETRATO, se vai facer un photocall de 1,5x3 metros e varias sorpresas máis que irei amosando a medida que pasen as semanas.
Polo momento nada máis. A conta atrás xa comezou...
Comentarios (0) - Referencias (0)